2.28.2005

A Galicia moderna


Maruja Mallo: Guía postal de Lugo, 1929.

Estes días no CGAC podemos ver unha sorprendente exposición "A Galicia moderna" "corresponde aos vinte anos que transcorren desde 1916, data da fundación na Coruña da primeira Irmandade de Amigos da Fala, asociación lingüística de carácter nacionalista que despois se transformou no Partido Galeguista, até 1936, ano no cal estoupou a guerra civil."

Grazas entre outras cousas a variedade de medios utilizados (pintura, escultura, video, maquetas, carteis, libros, escritos, mascaras, ...) consigue unha moi boa transmisión ós visitantes da riqueza deses 20 anos, quedas, eso si, coa triste sensación de ruptura que significou a guerra e a mediocridade da dictadura inmediatamente posterior, todo o que podia terse conquerido en Galiza e non foi posible.

A planta baixa remata cos coñecidos carteis sobre o estatuto de Galiza do 36; exposición que virtualmente continua nún soplo de ilusión na presentación o pasado sábado 26 do
Foro do Novo Estatuto.

2.21.2005

Xornada eleitoral en Aríns


(c) capean

Poucos votantes aínda que case chegamos a media galega, moito frio a pesar de estar todo o dia pendente da estufa de leña, tan só un interventor do BNG ata o momento do reconto dos votos, noutras ocasións cheguei a ver ata cinco interventores ou apoderados do PP nesta mesma mesa.

Unha señora chega a mesa onde estaban as papeletas e empeza a mover a cabeza e canturear o que parecia unha canción, medio minuto depois animase e dirixe alternativamente o dedo ós tres montóns de papeletas, ó final para en brusco nun deles, colle a papeleta dese montón, a mete nun sobre e vai votar. O pito, pito, gorgorito quixo que votara en branco, igual que un 6,49% dos galegos e galegas.

2.19.2005

Reflexionando



Nunha estrana xornada pre-eleitoral, na que no último reparto de propaganda este pasado venres aínda tiñas que explicar que dous días depois estabamos convocados a un referedum sobre o Tratado de Contitución Europea, atopo no blog dpaso unha das mellores reflexións sobre o TCE de mán dun amigo agripallado, os procesos políticos e socias teñen diferentes fases pero a pior de todas é cando se da por rematado o proceso e se decide que o único que resta é poñer parches e facer un correcto mantemento, a partir de aí só esperar as goteiras.

Por outra parte os
Protocolos e Anexos (234 páxinas) así como as Declaracións anexas (114 páxinas) suman máis de mil novos artigos, acordos, considerandos ou declaracións aínda mais intelixibles que os 448 artigos do propio Tratado, a última organización que se sumo a pedir o voto en contra foi a "asociación de opositores da provincia de Ourense".

2.14.2005

Incendio da Torre Windsor de Madrid



Incendio da Torre Windsor de Madrid, de entre todalas fotos aparecidas, esta de EFE publicada no xornal "El Mundo" e tomada dende Pozuelo de Alcorcón pareceume a máis creativa. O edificio fixosé a vez que a Constitución Española, inagurase no 1979 e agora case 30 anos despoís arde en chamas, o alcalde de Madrid fala del como un edificio vello, que agora fariase distinto, con outras medidas de seguridade, opinaran igual da Constitución?

Para os que vivimos moi perto de esa zona de Madrid, que chegamos antes de que o construiran e agora o vemos caer, non deixa de ser moi próximo.

2.08.2005

Entroido



Chegamos ó entroido tal como estabamos, algúns decidirón destaparse xa que en breve chega a cuaresma e tal como anda a igrexa teremos que recatarnos.

Bo Lacón e filloas a todos e todas.

2.06.2005

Fraga segue a voltas có pecado



Hoxe na voz de Galicia volve Fraga a falar do pecado: Non é pecado nin tampouco traizón, neste caso non se refire o uso do condón, se non polo visto a votar no próximo referendum ó Tratado de Constitución Europea. Cada vez é máis sinxelo ser do Partido Pouplar, tan só tes que "CREER" e esperar que Fraga interprete a Deus.

¿Qué pasará nesta ocasión coas monxas que aparecían a votar a primeira hora tódalas elecións? Para moitas era unha das poucas oportunidades de saír fora do convento de clausura, parece que Rouco e Fraga están por estropearlles a festa.

Rúa dos Concheiros


(c) capean

Pola rúa dos concheiros pasa o Camiño de Santiago, non é unha rúa histórica, pero queda moi perto do Casco Vello, ampla e con vistas, ben comunicada e con bastante tráfico. Non é posible evitar os diversos peregríns, sobretodo algún domingo a primeira hora da mañá, neste caso foi unha peregrinación dos Pendones de León, que polo menos neste caso foron vistosos.

Mudanzas en San Pedro


(c) capean

No barrio de San Pedro, sempre andamos cambiando de casa. Curiosa foto de xa fai tempo na igrexa de Santos Domingos de Bonaval, parece que mandarón desaloxar !!!