4.29.2005

Un País Novo máis preparados para gobernar # Faltan 52 días



Un País Novo máis preparados para gobernar ...

O PP outra cousa non é, pero atrevidos un rato, despois de falar fai úns días do Prestigio "Prestige" do PP fronte a avenura do BNG e do PSOE; hoxe anuncian como lema de precampaña: "
máis" recordandonos de novo as denuncias da Plataforma Nunca Máis.

O BNG atrevese cun lema xuvenil: " Un País Novo", para mín o máis acertado dos tres, é precisamente a ilusión no novo, no cambio ou que debería mover o voto nestas eleccións.

O lema do PSOE
"preparados para gobernar ..." tampouco é malo, aínda que un pouco longo, intenta transmitir a idea de goberno e de preparación. Máis curiosa é a páxina web coa tenda do PSOE: tutiendapsoe.com que na sección de productos ofrece: congresos, mítins, decoración ou xogos. ¿?

4.27.2005

Bos Aires, terceira cidade censo galego # Faltan 54 días



Nas vindeiras eleccións Bos Aires será a terceira ciudade con maior censo eleitoral galego, só as cidades de A Coruña e Vigo contan cun censo superior ao de Bos Aires, que concentra máis de 90.000 votantes, rebasando a Ourense (88.863), Santiago (77.208), Lugo (75.028), Ferrol (65.092) e Pontevedra (63.872).O censo en Galiza está estancado pero no exterior, a pesar de que nos últimos meses o Goberno retomou a eliminaciçón dos xa falecidos que siguen aparecendo no censo, o corpo eleitoral no exterior non para de crecer. Respecto ao 2001, hai 36.766 votantes máis, ata chegar aos 305.218, cunha suba que triplica á rexistrada en Galiza.

Tamén en Bos Aires temos que Botalos!!!Quin fara campaña a finais de maio en Arxentina, Uruguai e Venezuela.

4.26.2005

A batalla da información # Faltan 55 días



Coa celebración mañá do primeiro debate na Cadena Ser, mércores 27 de Abril apartir das 22.00 horas, o BNG anuncia a intervención de Quin e posiciona o PP e PSOE a que fagan o proprio cos seus líderes. Comeza xa na precampaña unha das principais batallas: a da información. Diante das declaracións de Fraga de non participar en debates, Anxo Quintana afirma que “quen non está en condicións de debater, non está en condicións de gobernar”. O portavoz nacional engade que “nunha democracia minimamente avanzada ninguén se pode agachar ao escrutinio e ao control da opinión pública”.

Supoño que por parte do PP imos a atoparnos cunha campaña onde só aparezcan referencias ao pasado, pero non demasiado próximas non vai a ser que nos acordemos da xestión do Prestigue, e non demasiado lonxanas non vai a ser que nos acordemos do pasado franquista de Fraga. As razóns e as propostas non merecen, ou non poden, ser defendidas, e a chamada o sentimentalismo ou catastrofismo van a ser utilizadas polo PP constantemente na campaña.

4.24.2005

Google e os candidatos # Faltan 57 días



Ao realizar unha busca en Google dos tres principais candidatos ás eleccións Galegas podemos atopar cousas moi curiosas: "Manuel Fraga" é o máis citado con máis de 80.000 coincidencias, eso si entre as 30 primeiras case a mitade son referencias a súa biografía franquista, recordandonos o seu paso polo Instituto de Cultura Hispánica ou as súas etapas como ministro de Franco, ou a súa presenza no ano 1968 na independencia de Guinea Ecuatorial con Francisco Macias, tio de Teodoro Obiang, entre as primeiras referencias aparece un vidente que supoño no paro que aseguraba que o frio polar deste inverno mataria a Fraga.

En segundo lugar con 5.270 referencias aparece "Anxo Quintana", o primeiro que sorprende é o número tan elevado de referencias a pesar de ser o único dos 3 candidatos que se presenta por primeira vez, e que tan só ocupa a portavocía do BNG dende fai pouco máis de 2 anos. Neste caso hai menos sorpresas e as referencias na súa maioria se corresponden as súas iniciativas como Alcalde de Allariz, como o senador galego máis activo do Senado , ou máis recentemente como portavoz do BNG, chama tamén a atención que liberalismo.org se fixe en Quín.

En terceiro lugar "Emilio Pérez Touriño" con 5.180 coincidenciass, as referencias o seu traballo como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE ocupan a maioría, chamando a atención a de un instituto de investigación da USC na que se indica que
"Non dispón de currículum vítae".

4.22.2005

A candidata # Faltan 59 días



Baltar «prepara» á candidata. Baltar escolleou a unha descoñecida e neófita na vida política para encabezar a candidatura do PP en Ourense. Baltar dixo que non anunciaba o seu nome «para protexela dos medios e para que se poña ao día para saber como responder ao que lle ides preguntar e non que conteste a todo 'non sei'» ¿Canto vai a durar o cursiño de candidata? e se chega a ser parlamentaria ¿terá que facer outro curso?, ou para ser parlamentario do PP non fai falta??

Prestige ou aventura # Faltan 59 días



Fraga: «Los gallegos deben elegir entre prestigio o aventura» Hoxe Fraga comeza a espantada hacia diante cun lapus lingüístico dandonos a escoller entre o "Prestigio", ou PRESTIGE en inglés, coa aventura que ofrecemos o resto das forzas políticas. Si o pon tan sinxelo non deberiamos ter moito problema en escoller outro Pres¡dente, por que por pouca memoria que teñamos os galegos e galegas todos recordamos o que facia Fraga os días do PRESTIGUE. Por certo entre as perlas de hoxe nos recordaba que aínda seguia matando corzos, fixo outra cousa dende enton, ...

4.21.2005

! Hai que Botalos ! # Faltan 60 días




Hoxe Fraga convocou as eleccións para o vindeiro 19 de xuño; según se comenta nos despachos da Xunta algúns respiraron xa que o ambiente era tan tenso entre as Consellerías e os Caciques do PP que todo o mundo comentaba que non chegaban a outubro, que non tiñan forma de prolongar máis tempo a farsa de tranquilidade, e que nos seis meses que faltaban ia a estoupar todo.

A incapacidade de gobernar Galiza nos vindeiros meses lles forzou a convocar eleccións, a incapacidade de dar unha resposta adecuada aos gobernos de Madrid, especialmente na crise do Prestige, ... estas son as cartas de presentación de Fraga para o 19 de xuño, esperemos poder comentalas diariamente durante estes 60 días en todo o Pais incluíndo este blog, e sobre todo disfrutar dunha resposta adecuada da cidadanía galega.

! Hai que Botalos !

4.02.2005

Fraga da Pena



Mentrás Manuel Fraga se prepara rexuvenecido para afrontar unha nova campaña eleitoral, un pequeno pobo portugues "Fraga da Pena" empeñase en proclamar o contrario.