5.31.2005

Manifestación ENCE fora da ría! # Faltan 19 días



Manifestación

ENCE fora da ría! coa saúde e o ambiente non se negocia

4 de xuño. 20:30 Praza da Ferreiría. Pontevedra



O complexo CELULOSAS-ELNOSA é un dos principais focos de contaminación industrial do país. A súa ubicación en Lourizán, no fondo da ría de Pontevedra, é claramente inadecuada, polo que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) sempre defendeu o peche deste complexo industrial na súa localización actual.

ADEGA entende que o desenvolvemento sostíbel de Pontevedra e do resto dos municipios da ría non pode prescindir da explotación racional dos recursos turísticos, marisqueiros e pesqueiros, para a cal é necesario o saneamento e a recuperación da ría, hoxe fortemente degradada por vertidos urbanos e industriais, e dun xeito fundamental polos de naturaleza orgánica e química procedentes do complexo CELULOSAS-ELNOSA. Por outro lado, a contaminación do complexo está a incidir de forma negativa na saúde pública.

Por certo merece a pena a web: Ence Busca sitio (EBS)

Pulseiras Destavai: podes axudar na campaña # Faltan 19 días



Destavai saca á rúa pulseiras para espallar as arelas dun cambio nacionalista en Galiza e de paso achegar recursos á campaña do BNG. Como sabes as campañas do BNG fináncianse na súa maior parte coas achegas dos seus militantes, simpatizantes e cargos institucionais e co seu traballo desinteresado. Ao mercar unha pulseira axudas economicamente á campaña do Bloque.

5.29.2005

Examen final de Photoshop en Corea # Faltan 21 días



Examen final de Photoshop nunha das escolas de deseño gráfico de máis nivel de Corea, a complexidade da proba da mostras do ben preparados que saen os estudiantes coreanos.

(grazas a Isabel)

5.22.2005

A extinción dos dinosaurios # Faltan 28 días



Faltan 28 días para a extinción do dinosaurio autóctono, o pasado fin de semana estiven en Asturias e pasei a ver o Museo do Jurásico de Asturias e aprendin moitas cousas sobre os dinosaurios e a súa extinción, como podedes imaxinarvos a menos dun més das eleccións galegas fixen as miñas comparacións cos dinosaurios autóctonos.

Unha das salas intenta mostrar as distintas explicacións de porque desaparecerón no periodo Cretácico, as máis divertidas permiten a comparación coa situación actual galega:

  • Pereceron durante o Diluvio Universal dado que, por algunha razón non explicada, non foron recollidos por Noé na súa Arca. (sic)
  • Os dinosaurios eran animais lentos, pesados e estúpidos incapaces de adaptarse a calquera transformación no medio. (sic)
  • Foron exterminados por pequenos cazadores verdes extraterestres. (sic)
  • Os dinosaurios carnivoros se comieron a todos os herviboros o que imposibilitou a súa propia supervivencia. (sic)
  • A febre, o costipado ou cualquiera outra epidemia rematou con eles. (sic)
O 20 de xuño os analistas empezaran a buscar as causas da desaparición do dinasaurio galego: a incompetencia, a incapacidade, a corrupción, a mentira, a autocomplacencia, e en última medida o pobo galego.

5.13.2005

Inaguracións estelares # Faltan 37 días



Fraga comenzou a súa viaxe de inaguracións estelares pola Arxentina, buscando por internet atopei unha curiosa relación de eventos na Centro de Galiza en Bos Aires, Fraga inagurou cada unha das habitacións, se citan ata 6 inaguracións en diferentes anos no mesmo edificio incluso nunha das visitas inagurou o "estacionamento".

Hoxe no diario La Nación de Arxentina aparece unha entrevista a Manuel Fraga, na penúltima pregunta destripa a idea da Nai:


"-¿Qué opina de la ley de matrimonios homosexuales que se aprobó en España?

-Matrimonio, por definición, es lo que permite que haya madres. Una mujer no puede ni debe tener hijos si no tiene la estabilidad del matrimonio. En este momento, la política española no favorece para nada el matrimonio. Hay una ley que se discute ahora en el Parlamento que a los seis meses, sin obligación de causa, sin mutuo disenso, sin separación previa, permite a uno decir a una mujer "mejor me voy". ¿Quién tiene un hijo en estas condiciones? Los homosexuales no producen hijos ni madres. "

5.10.2005

Z Z Z ... # Faltan 40 días



Sen comentarios, Z Z Z ...

(grazas a Moncho)

5.06.2005

O Presidente amnésico # Faltan 44 días



Fraga ven de anunciar hoxe ás súas páxinas eleitorais baixo o dominio FragaPresidente.com. Dous feitos sorprendentes, desaparecen 54 anos da sua biografía, salta directamente dende o seu nacemento en Vilalba no ano 1922 ata o ano 1976, ou quedou amnésico, ou foi abducido polos extraterrestres ou por fin ten vergoña do seu pasado franquista.

Por desgraza posiblemente só sexa unha estratexia eleitoral, ao igual que a foto do cartel; por certo as fotos do banner deste post son todas da páxina web do PP, parece que o fotógrafo non está inspirado todos os días, ou serán distintos personaxes?

Según me comenta un amigo policia: nas oficiñas de criminalistica (CSI) da Coruña, probaron a comparar a foto do Cartel de Fraga con outra recente no programa de recoñecemento facial de sospeitos e deu NEGATIVO !!!

Por último, hoxe estiven na inaguración de "Docentia, Salón Monográfico da Educación Superior" e Fraga deu un dos seus peores discursos, chegando ao desprezo dos asistentes cando despois de facer o discurso en Castelán, nos di que agora vai a falar na lingua vernacula de Galiza, e traducese a si mesmo os últimos 5 minutos por que necesitaban imaxenes en Galego para o Telexornal.

5.05.2005

Quin xa ten blog # Faltan 45 días



Quin2005.com, é o dominio escollido por Anxo Quintana para o seu blog, xa na benvida aparece un Quin sinceiro e directo: "Quero darvos a benvida a esta pequena xanela que nos permitirá compartir un espazo, aínda que virtual, pero cercano e directo. Polo menos para iso están estas modernidades tecnolóxicas que ao primeiro me custaban un pouco pero das que son agora un entusiasta."
Pero o mellor e votarlle unha ollada e animarse a participar.

5.02.2005

O Mundo Disney manifestase contra Fraga # Faltan 48 días




O mundo Disney manifestouse onte nas rúas de Compostela en protesta polas últimas actuacións de Manuel Fraga. Bambi protestou enerxicamente en solidariedade co Corzo e pidio que Fraga se retirara da política e da caza inmediatamente.

Todos os personaxes Disney asinaron un manifesto no que decían que "por favor non máis PP, xa chegou dabondo" en referencia o lema-ameaza da precampaña do Partido Popular.

O Capitan Garfio, Cruela de Vil e o cocodrilo solicitaban que non aparecera nunca máis en público, que para malos xa estaban eles. Pinocho reclamaba para si o dereito a mentir, e acusaba a Ñúñez Feijóo de competencia desleal na mentira. Pluto reclamaba novas oportunidades "estou farto desta vida de can que nos propoñe o PP".