tag:blogger.com,1999:blog-10628676.post-1119026248151101882005-06-17T18:37:00.000+02:002005-06-17T19:31:32.180+02:00¿Qué din os rumorosos ... # Falta 1 día
Imaxen de Aduaneiros sen Fronteiras

Din os rumorosos ... que nun País onde gobernaba o mesmo Presidente durante moitos, moitos anos, máis dos que os seus cidadáns terián que ter soportado, nas vésperas dunhas eleccións pasaron cousas estranas:

- Os servizos informáticos enviarón escritos aos altos cargos da Administración, recordandolles que existía un servizo gratuíto de limpeza de arquivos vellos nos ordenadores, sustitución de discos duros, ... e outras tarefas rutinarias de mantemento informático.

- Nas datas previas ás eleccións incrementouso significativamente a venda de destructoras de papel. A pesar do calor existente, nos comercios eran estas e non os aparellos de aire acondicionado os electrodomésticos esgotados.

- Os responsables dunha das empresas de informática que traballaban para a Administración xuntaron aos empregados, maioritariamente traballadores en precario, e explicaronlles que: "si gañan os de sempre imos a ter contratos por 4 novos anos, pero si gañan os outros ufff !!!!" Seguirón dicindo: "por suposto cada quen que vote o que considere, pero a nosa obriga era avisarvos para que poiderades actuar en consecuencia o día da votación, e logo non o lamentedes"

- Din tamén que dende o despacho oficial máis próximo ao Presidente enviaronse cartas en nome da Administración invitando aos altos cargos e simpatizantes a festa de celebración. Nestas eleccións non era o partido do Presidente o que se presentaba, se non a propia Administración contra os partidos da oposición.

Menos mal que en Galiza temos unha verdadeira democracia, con transparencia, debates cos candidatos, información veraz, secreto de voto sen coaccións, alternancia, ... Menos mal que foi noutro País.

Os tempos son chegados ...

EuMesmonoreply@blogger.com7