2.19.2005

Reflexionando



Nunha estrana xornada pre-eleitoral, na que no último reparto de propaganda este pasado venres aínda tiñas que explicar que dous días depois estabamos convocados a un referedum sobre o Tratado de Contitución Europea, atopo no blog dpaso unha das mellores reflexións sobre o TCE de mán dun amigo agripallado, os procesos políticos e socias teñen diferentes fases pero a pior de todas é cando se da por rematado o proceso e se decide que o único que resta é poñer parches e facer un correcto mantemento, a partir de aí só esperar as goteiras.

Por outra parte os
Protocolos e Anexos (234 páxinas) así como as Declaracións anexas (114 páxinas) suman máis de mil novos artigos, acordos, considerandos ou declaracións aínda mais intelixibles que os 448 artigos do propio Tratado, a última organización que se sumo a pedir o voto en contra foi a "asociación de opositores da provincia de Ourense".