Xornada eleitoral en Aríns
(c) capean
Poucos votantes aínda que case chegamos a media galega, moito frio a pesar de estar todo o dia pendente da estufa de leña, tan só un interventor do BNG ata o momento do reconto dos votos, noutras ocasións cheguei a ver ata cinco interventores ou apoderados do PP nesta mesma mesa.
Unha señora chega a mesa onde estaban as papeletas e empeza a mover a cabeza e canturear o que parecia unha canción, medio minuto depois animase e dirixe alternativamente o dedo ós tres montóns de papeletas, ó final para en brusco nun deles, colle a papeleta dese montón, a mete nun sobre e vai votar. O pito, pito, gorgorito quixo que votara en branco, igual que un 6,49% dos galegos e galegas.
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Inicio