2.28.2005

A Galicia moderna


Maruja Mallo: Guía postal de Lugo, 1929.

Estes días no CGAC podemos ver unha sorprendente exposición "A Galicia moderna" "corresponde aos vinte anos que transcorren desde 1916, data da fundación na Coruña da primeira Irmandade de Amigos da Fala, asociación lingüística de carácter nacionalista que despois se transformou no Partido Galeguista, até 1936, ano no cal estoupou a guerra civil."

Grazas entre outras cousas a variedade de medios utilizados (pintura, escultura, video, maquetas, carteis, libros, escritos, mascaras, ...) consigue unha moi boa transmisión ós visitantes da riqueza deses 20 anos, quedas, eso si, coa triste sensación de ruptura que significou a guerra e a mediocridade da dictadura inmediatamente posterior, todo o que podia terse conquerido en Galiza e non foi posible.

A planta baixa remata cos coñecidos carteis sobre o estatuto de Galiza do 36; exposición que virtualmente continua nún soplo de ilusión na presentación o pasado sábado 26 do
Foro do Novo Estatuto.