5.06.2005

O Presidente amnésico # Faltan 44 días



Fraga ven de anunciar hoxe ás súas páxinas eleitorais baixo o dominio FragaPresidente.com. Dous feitos sorprendentes, desaparecen 54 anos da sua biografía, salta directamente dende o seu nacemento en Vilalba no ano 1922 ata o ano 1976, ou quedou amnésico, ou foi abducido polos extraterrestres ou por fin ten vergoña do seu pasado franquista.

Por desgraza posiblemente só sexa unha estratexia eleitoral, ao igual que a foto do cartel; por certo as fotos do banner deste post son todas da páxina web do PP, parece que o fotógrafo non está inspirado todos os días, ou serán distintos personaxes?

Según me comenta un amigo policia: nas oficiñas de criminalistica (CSI) da Coruña, probaron a comparar a foto do Cartel de Fraga con outra recente no programa de recoñecemento facial de sospeitos e deu NEGATIVO !!!

Por último, hoxe estiven na inaguración de "Docentia, Salón Monográfico da Educación Superior" e Fraga deu un dos seus peores discursos, chegando ao desprezo dos asistentes cando despois de facer o discurso en Castelán, nos di que agora vai a falar na lingua vernacula de Galiza, e traducese a si mesmo os últimos 5 minutos por que necesitaban imaxenes en Galego para o Telexornal.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Xa ves que non tardei en entrar e o que topei... pareceume estupendo. Moi atinados comentarios. Non podemos permitirnos ter un presidente que perda a memoria da máis terríbel das historias, da súa propia biografía e da represión da ditadura. Como galega e máis que nunca: DESTA VAI. Temos que conseguir botalo fora.

10:07 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio