Google e os candidatos # Faltan 57 días
Ao realizar unha busca en Google dos tres principais candidatos ás eleccións Galegas podemos atopar cousas moi curiosas: "Manuel Fraga" é o máis citado con máis de 80.000 coincidencias, eso si entre as 30 primeiras case a mitade son referencias a súa biografía franquista, recordandonos o seu paso polo Instituto de Cultura Hispánica ou as súas etapas como ministro de Franco, ou a súa presenza no ano 1968 na independencia de Guinea Ecuatorial con Francisco Macias, tio de Teodoro Obiang, entre as primeiras referencias aparece un vidente que supoño no paro que aseguraba que o frio polar deste inverno mataria a Fraga.
En segundo lugar con 5.270 referencias aparece "Anxo Quintana", o primeiro que sorprende é o número tan elevado de referencias a pesar de ser o único dos 3 candidatos que se presenta por primeira vez, e que tan só ocupa a portavocía do BNG dende fai pouco máis de 2 anos. Neste caso hai menos sorpresas e as referencias na súa maioria se corresponden as súas iniciativas como Alcalde de Allariz, como o senador galego máis activo do Senado , ou máis recentemente como portavoz do BNG, chama tamén a atención que liberalismo.org se fixe en Quín.
En terceiro lugar "Emilio Pérez Touriño" con 5.180 coincidenciass, as referencias o seu traballo como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE ocupan a maioría, chamando a atención a de un instituto de investigación da USC na que se indica que "Non dispón de currículum vítae".
1 Comentarios:
Fagamos apostas!!!
http://cousasdeimeneo.blogspot.com
Enviar um comentário
<< Inicio