5.31.2005

Manifestación ENCE fora da ría! # Faltan 19 días



Manifestación

ENCE fora da ría! coa saúde e o ambiente non se negocia

4 de xuño. 20:30 Praza da Ferreiría. Pontevedra



O complexo CELULOSAS-ELNOSA é un dos principais focos de contaminación industrial do país. A súa ubicación en Lourizán, no fondo da ría de Pontevedra, é claramente inadecuada, polo que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) sempre defendeu o peche deste complexo industrial na súa localización actual.

ADEGA entende que o desenvolvemento sostíbel de Pontevedra e do resto dos municipios da ría non pode prescindir da explotación racional dos recursos turísticos, marisqueiros e pesqueiros, para a cal é necesario o saneamento e a recuperación da ría, hoxe fortemente degradada por vertidos urbanos e industriais, e dun xeito fundamental polos de naturaleza orgánica e química procedentes do complexo CELULOSAS-ELNOSA. Por outro lado, a contaminación do complexo está a incidir de forma negativa na saúde pública.

Por certo merece a pena a web: Ence Busca sitio (EBS)

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

A Xunda da Galiza sempre defendeu o peche desa fábrica de polución. Pode que non sexa partidario de Fraga, pero haille que recoñecer que fixo o que puido por pechala dunha vez. O conflito xurde co goberno central.

10:55 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

non sei se o que puxo a anterior opinión vive na lúa ou bebe de mais. Fraga tense posicionado como o garante da continuación da celulosa ence na ría de Pontevedra se gaña as eleicións. E o demais son lerias.

Polo tanto H Q B.

11:07 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio