6.20.2005

Rematamos cos 69 anos do Reximen # NON falta ningún día


Valeirando de monicreques a Xunta

Desta foi, non si difultades e incertidumes ata o último momento, pero desta rematamos cos 69 anos do reximen e 16 anos de goberno Fraga. Con escaso marxen e non faltarón as dúbidas na noite eleitoral, pero así é como se realizan as grandes tarefas, para que sepamos apreciar as dficultades da empresa, para que tomemos conciencia da transcendencia do momento, para que apreciemos cada esforzo realizado en botalos, cada liña dun blog, cada cm. de película, cada SMS, cada mitin, cada cartaz, cada folleto, cada liña do programa, cada chamada ou conversa con un veciño, ...

69 anos estando alí, fixeronos crer que sempre estarian alí, como a Catedral de Santiago ou os montes do Courel, no momento de botalos aínda tivemos que superar o shock do perenne. Pero os vindeiros días os veremos empaquetar as súas cosas, dexaloxar a Residencia de Mote Pio, baixarse dos coches oficiais, ... e veremos abrir as fiestras de Administración e do País, veremos entrar un aire fresco en Galiza, e teremos a posibilidade de construír un País Novo.

Había que botalos !!! e BOTAMO-LOS.

Nota: Unhas breves contas sobre o último de Pontevedra.

Co 100% do voto o PP ten 223.588 votos e 10 diputados, o PSOE ten 168.549 votos e 8 diputados, algunos escenarios tendo o voto CERA serian:

o PP con 8162 e o PSOE con 0 votos (223.588+8.162)/11=(168.549+0)/8 (EMPATE)

o PP con 13292 e o PSOE con 4559 votos (223.588+13.292)/11 < (168.549+4.559)/8 (Voto CERA Pontevedra 2001 no que ganaria o diputado o PSOE) o PSOE con 6.000 votos implica que o PP necesita 16.417 votos no CERA, máis de 10.417 votos por riba do PSOE. (223.588+16417)/11 > (168.549+6.000)/8

É moi, moi, díficil que poidera darse algún escenario favorable ao PP cos votos estimados do CERA por Pontevedra.

En función do voto do PSOE podes calcular o voto mínimo necesario para que cambie o deputado:

(((168.549 + votoPSOECERA) / 8)*11)-223.588 = votoPPCERA

Unha aperta e DESTAFOI. Antonio.

http://www.concheiros.blogspot.com/

4 Comentarios:

Blogger Unknown dixo...

Vamos, agora hai que pensar no futuro. Estaremos no governo.

Adiante Xa co BNG!

Viva GAliza Ceive e popular

www.denisbermudez.tk

10:46 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Pois si...

11:44 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Great work!
[url=http://vwzdjknb.com/wwjc/hwtf.html]My homepage[/url] | [url=http://bptkxvgo.com/ecmk/rvey.html]Cool site[/url]

8:23 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Thank you!
http://vwzdjknb.com/wwjc/hwtf.html | http://diommkbx.com/walz/flei.html

8:23 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio