6.05.2005

Ponlles freo aos roedores # Faltan 14 días



Hoxe facendo un reparto de propaganda do BNG na saída de misa da Parroquía de Marantes, coindimos cunha veciña que repartia esta curiosa propaganda do Concello de Santiago de Compostela. En campaña eleitoral as comparacións son odiosas, cito textualmente parte do folleto, cada quen que faga as súas sustitucións.

"Ponlles freo aos ROEDORES.

Os roedores son un problema colectivo, e coa túa colaboración evitaremos que un pequeno acontecemento se converta nunha praga que nos termine afectando a todos.

Se detecta a presenza de roedores na vía pública ou nas inmediacións das vivendas, chama ao teléfono: 981 941 485.

É un servizo gratuíto do Concello de Santiago Concellería de Sanidade. Grazas pola túa colaboración."