Fin de Semana movido
En Compostela temos unha fin de semana movida, cada un dos 3 encontros programados representa unha parte da sociedade que queremos e estamos construíndo:
-> O sábado 25 os colectivos Gay de Compostela e Mulleres Lésbicas e Bisexuais de Galiza celebrán o día do orgullo gay cunha manifestación ás 20:00 no Toural. O lema escollido é: "Somos os teus veciños, somos as túas veciñas."
-> O domingo 26 seguindo a Chamada Mundial á Acción contra a Pobreza e co lema Pobreza Cero , a Coordenadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento convoca unha concentración na Praza do Toural a partir das once da mañá. A leitura do manifesto terá lugar ao mediodía por parte da actriz Mónica Díaz, membro de Burla Negra.
-> Tamén o domingo 26 ás 13:00 unha cadea humana en Compostela unira as estatuas de Castelao e Pablo Iglesias, co lema "Gañamos Nós". Un acto cívico no que a cidadanía se autoconvoca por internet para festexar o cambio que saiu das urnas o 19X, pase o que pase na quinta provincia. Hai que decirlles por si no o saben que gañamos nós.
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Inicio