5.29.2007

27 de Maio, agora nos concellos

man monforte
Facendo unha breve reflexión sobre os resultados eleitorais do pasado domingo parece a primeira vista que non cambio nada en Galiza, en votos poderiamos case afirmar esta idea, pero máis ala dos números globais temos que mirar concello a concello.

O Partido Popular recupera parte do voto perdido nas cidades fai 4 ou 8 anos pero con nulo resultado no que se refiere a gobernos. Naquela ocasión as cidades perderon o medo ao cambio, especialmente no referido ao BNG tantos anos "estigmatizado" con múltiples acusacións de violencia, de ser os do NON, ou de escasa competencia, ... agora foron as restantes vilas e pobos de Galiza os que se atreveron a votar ao BNG, no que pode ser o cambio máis fundamental nestas eleccións.

A presenza do BNG nos fúturos gobernos de moitas vilas e pobos de Galiza, cunha distribución moi heteroxenea por exemplo coas maiorías absolutas de Monforte ou Vilasantar, ou os espectaculares resultados en Ribadeo ou Teo pon fin aos teitos que tiñamos historicamente deixando o exito ou fracaso dos resultados en función da capacidade de presentar unha persoa e proposta acertada e ilusionante en cada un dos concellos, pasamos a convertirnos nunha forza política máis en todo o Pais que depende sobre todo dela mesma. A presenza do BNG do actual goberno autonómico eliminou polos feitos todas as sospeitas que aínda quedaban en parte da poboación sobre a seriedade, racionalidade e capacidade do BNG nuns feitos que non teñen xa volta atrás.

Os resultados do domingo e os case dous anos de goberno consolidan os maiores temores do PSdG e do PP, agora somos tres a competir en todo o territorio e en todas e todos os posibles votantes, xa non existen bolsas de votos exclusivas para algunhas forzas políticas e todas podemos optar ao 100% dos mesmos (!!! Perdoar esquencianme da emigración !!! ).

2 Comentarios:

Anonymous fatmagülün suçu ne dixo...

Thank you

8:25 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... simit placa - simit placa - simit placa - simit placa - simit placa

10:42 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio