3.10.2005

San Pedro en culturagalega.org



Hoxe culturagalega.org decide adicar o seu tema do día á cultura no barrio de San Pedro, non podian ter escollido outro barrio en Compostela, no paso dos anos moitos e moitas acabamos vivindo nel, e non o fixemos por azar se non buscando ese barrio de múltiples facetas que é San Pedro.

As festas do 2004 forón unha demostración máis do variopinto mundo que convivimos nel (se podedes ler en
culturagalega.org o pregón de Carlos Blanco). Non se sabe se o barrio era así e por iso naceu a A Xuntanza, ou por que naceu A Xuntanza o barrio é así, pero o caso é que ten unha das asociacións veciñais máis dinámicas da cidade que está presente non só nas actividades subvencionadas, se non no día o día.

E sobre todo a súa xente: Suso´s, Concha, Farruco, Moisés, Balbi, ... moitos deles retratados no especial de hoxe, ver máis en:
http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=5881

3.06.2005

Volta ao Mundo de Xan e Lu



"Ola a tod@!!!
Meus... non saljades da casa..o mundo estavos pata p'arriba!! Aqui, neste INMENSO pais os meus parametros sobre 'civilizacion', 'ecoloxia' e 'urbanismo' estan collendo 'novas perspectivas'...O pais evos jrande jrande jrande.. pero esta ata os topes de xente; mira que demos voltas por sitios ben remotos intentando atopar algo de 'tranquilidad' nas montanhas do Himalaya e ala onde chegamos sempre viven como minimo mil ou dous mil apinhados..."
Así comeza a primeira crónica dende Manali (India) da miña amiga Lourdes e o seu compañeiro Xan según contan na magnífica
web que teñen con motivo da volta ao mundo que están a facer, sen ningún outro motivo que darnos moita, moita, moita envexa. Ata Vieiros sempre atenta recolleou a súa aventura.

Que está pasando en Palestina?





Tantas noticias políticas sobre Palestina fainos esquecer en moitas ocasións o que alí está pasando a diario, milleiros de persoas sobreviven como poden, sen ser recoñecidos, sen ter os máis básicos direitos, sen acceso ós seus postos de traballo, escolas ou hospitais. A última
declaración conxunta sobre o impacto do Muro sobre a saúde dos palestinos de Médicos do Mundo (Francia) - Médicos polos Dereitos Humanos (Israel) - Sociedade do Crecente Vermello (Palestina) mostra unha vez máis o campo de concentración que esta a construir o goberno de Israel. O vindeiro 15 de marzo Galiza por Palestina e o COSAL-Galiza invitamos a Maha Nassar e Juani Rishmawi a falar precisamente das condicións de vida e saúde nos territorios ocupados.