6.29.2005

Festas do Barrio de San Pedro 2005



PROGRAMA e WEB: http://www.festasbarriosanpedro.info/

Venres 1

20.00 h: Gaiteiros de Brincadeira e cabezudos.
21.00 h: Pregón a cargo de Paula Carballeira na Praza do Cruceiro de San Pedro.
21.30 h: Foliada na Porta do Camiño. Presenta Pepa Yáñez. Pandereteiras de Brincadeira. Fiandola. Serra-lhe aí!
24.00 h: Noite do lastro na Porta do Camiño con: LAMATUMBÁ e NON RESIDENTZ

Sábado 2
11.00 h: Pasarrúas: Xilbarbeira e cabezudos.
12.00 h: Teatro infantil no Parque da Trisca: "Recuento cuentos" (Cuba).
13.30 h: Sesión vermú no Cruveiro de San Pedro: Orquestra Costa Dourada.
18.30 h: Teatro: Mariclown na Praciña de San Pedro.
20.00 h: Encontro de corais. Igrexa de Bonaval: Coral A Xuntanza. Coral Virxe da Guadalupe. Coral Coto da Nai.
22.30 h: Verbena: Orquestra Costa Dourada.

Domingo 3
11.00 h: Pasarrúas: Quarteto da Gentalha e cabezudos.
11.00 h: Feira de artesanía na Rúa de San Pedro.
12.00 h: Banda Municipal de Música no Parque da Trisca.
13.00 h: Grupo de baile A Xuntanza.
13.30 h: ROMARÍA POPULAR, con polbeira e churrascada. Murga Os Estalotes. Xilbarbeira. Quarteto da Gentalha. Luís Caruncho e Pinto de Herbón (Haberá carpa e inchábeis para as cativas e cativos).

6.28.2005

Agora si que foi: www.destafoi.com




Agora si que foi, centos de persoas concentranse na praza de quintana para celebrar a vitoria eleitoral, mentrás a TVG cambiaba a pelicula programada do "Prezo do Poder" por "Escribiuse un crime" Vieiros nos informou puntualmente do desenvolvemento da derradeira xornada eleitoral.

Fraga non podia marcharse tiñamoslo que botar e BOTAMO-LOS.

6.24.2005

Fin de Semana movido



En Compostela temos unha fin de semana movida, cada un dos 3 encontros programados representa unha parte da sociedade que queremos e estamos construíndo:

-> O sábado 25 os colectivos Gay de Compostela e Mulleres Lésbicas e Bisexuais de Galiza celebrán o día do orgullo gay cunha manifestación ás 20:00 no Toural. O lema escollido é: "Somos os teus veciños, somos as túas veciñas."

-> O domingo 26 seguindo a Chamada Mundial á Acción contra a Pobreza e co lema Pobreza Cero , a Coordenadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento convoca unha concentración na Praza do Toural a partir das once da mañá. A leitura do manifesto terá lugar ao mediodía por parte da actriz Mónica Díaz, membro de Burla Negra.

-> Tamén o domingo 26 ás 13:00 unha cadea humana en Compostela unira as estatuas de Castelao e Pablo Iglesias, co lema "Gañamos Nós". Un acto cívico no que a cidadanía se autoconvoca por internet para festexar o cambio que saiu das urnas o 19X, pase o que pase na quinta provincia.
Hai que decirlles por si no o saben que gañamos nós.



6.23.2005

Proposición de Lei do BNG sobre o voto CERA



O pasado 23 de abril de 2004 o BNG presentou unha Proposición de Lei referida á reforma paracial da Lei Eleitoral (LOREG). Votaron en contra por diferentes motivos o PP e o PSOE. Non vale agora decir que todos os partidos tivemos a mesma actitude frente as garantías do voto emigrante. (anteriormente no 2000 e 2001 o BNG presentou iniciativas equivalentes)

< PDF Proposición de Lei - PDF debate proposición - Grazas a Co>

Na exposición de motivos deciamos:


"El Régimen Electoral General (LOREG) contempla el voto por correo como una modalidad excepcional para facilitar la participación de los electores que no pueden personarse en las mesas electorales. En cambio, esa modalidad fue elegida como única vía para que los electores residentes ausentes puedan ejercer el derecho al voto. La presente proposición de ley pretende equiparar el procedimiento de votación de los residentes en el exterior, con el establecimiento de la votación directa en mesas instaladas en embajadas, consulados y demás centros y locales públicos españoles en el extranjero como el procedimiento normal también para los residentes en el exterior y la consideración del voto por correo como procedimiento excepcional y de carácter rogado."

Na resposta do PP podemos ler:


"Asimismo, rechazamos de plano algo que se afirma en la exposición de motivos de esta proposición, y que hoy ha vuelto a ser repetido desde la tribuna, acerca de que en cada proceso electoral se detectan irregularidades en los envíos electorales.

Debo señalar que todas las denuncias que se han producido sobre esta cuestión han sido rechazadas y cuando ese rechazo viene dado en vía judicial la conclusión solo puede ser la carencia de fundamento de las mismas. Yo soy de los que piensan que ni el nerviosismo preelectoral ni tan siquiera el legítimo debate parlamentario dan derecho a decir cualquier cosa. Por eso, tener que escuchar algunas de las cosas que se han dicho en la tarde de hoy por alguno de los intervinientes solo me produce un profundo rechazo.

Ya estábamos acostumbrados a oír a algunos en la pasada legislatura, personas que ya no están en la Cámara, hablar de irregularidades, de manipulaciones del censo, de manipulaciones de los sobres de votación, de la vulneración del carácter libre, secreto y personal del voto, que son acusaciones todas ellas muy graves y que siempre se han realizado sin ninguna prueba, sin tener un solo dato y sin tener la mínima evidencia de ellas. Por cierto, señor Rodríguez, todas las mayorías del Partido Popular en Galicia han sido obtenidas por mayoría absoluta holgada, sin esperar tan siquiera al resultado del escrutinio general ni del escrutinio del voto de los residentes ausentes. "

Había que botalos !!! e BOTAMO-LOS.

6.20.2005

Rematamos cos 69 anos do Reximen # NON falta ningún día


Valeirando de monicreques a Xunta

Desta foi, non si difultades e incertidumes ata o último momento, pero desta rematamos cos 69 anos do reximen e 16 anos de goberno Fraga. Con escaso marxen e non faltarón as dúbidas na noite eleitoral, pero así é como se realizan as grandes tarefas, para que sepamos apreciar as dficultades da empresa, para que tomemos conciencia da transcendencia do momento, para que apreciemos cada esforzo realizado en botalos, cada liña dun blog, cada cm. de película, cada SMS, cada mitin, cada cartaz, cada folleto, cada liña do programa, cada chamada ou conversa con un veciño, ...

69 anos estando alí, fixeronos crer que sempre estarian alí, como a Catedral de Santiago ou os montes do Courel, no momento de botalos aínda tivemos que superar o shock do perenne. Pero os vindeiros días os veremos empaquetar as súas cosas, dexaloxar a Residencia de Mote Pio, baixarse dos coches oficiais, ... e veremos abrir as fiestras de Administración e do País, veremos entrar un aire fresco en Galiza, e teremos a posibilidade de construír un País Novo.

Había que botalos !!! e BOTAMO-LOS.

Nota: Unhas breves contas sobre o último de Pontevedra.

Co 100% do voto o PP ten 223.588 votos e 10 diputados, o PSOE ten 168.549 votos e 8 diputados, algunos escenarios tendo o voto CERA serian:

o PP con 8162 e o PSOE con 0 votos (223.588+8.162)/11=(168.549+0)/8 (EMPATE)

o PP con 13292 e o PSOE con 4559 votos (223.588+13.292)/11 < (168.549+4.559)/8 (Voto CERA Pontevedra 2001 no que ganaria o diputado o PSOE) o PSOE con 6.000 votos implica que o PP necesita 16.417 votos no CERA, máis de 10.417 votos por riba do PSOE. (223.588+16417)/11 > (168.549+6.000)/8

É moi, moi, díficil que poidera darse algún escenario favorable ao PP cos votos estimados do CERA por Pontevedra.

En función do voto do PSOE podes calcular o voto mínimo necesario para que cambie o deputado:

(((168.549 + votoPSOECERA) / 8)*11)-223.588 = votoPPCERA

Unha aperta e DESTAFOI. Antonio.

http://www.concheiros.blogspot.com/

6.17.2005

¿Qué din os rumorosos ... # Falta 1 día


Imaxen de Aduaneiros sen Fronteiras

Din os rumorosos ... que nun País onde gobernaba o mesmo Presidente durante moitos, moitos anos, máis dos que os seus cidadáns terián que ter soportado, nas vésperas dunhas eleccións pasaron cousas estranas:

- Os servizos informáticos enviarón escritos aos altos cargos da Administración, recordandolles que existía un servizo gratuíto de limpeza de arquivos vellos nos ordenadores, sustitución de discos duros, ... e outras tarefas rutinarias de mantemento informático.

- Nas datas previas ás eleccións incrementouso significativamente a venda de destructoras de papel. A pesar do calor existente, nos comercios eran estas e non os aparellos de aire acondicionado os electrodomésticos esgotados.

- Os responsables dunha das empresas de informática que traballaban para a Administración xuntaron aos empregados, maioritariamente traballadores en precario, e explicaronlles que: "si gañan os de sempre imos a ter contratos por 4 novos anos, pero si gañan os outros ufff !!!!" Seguirón dicindo: "por suposto cada quen que vote o que considere, pero a nosa obriga era avisarvos para que poiderades actuar en consecuencia o día da votación, e logo non o lamentedes"

- Din tamén que dende o despacho oficial máis próximo ao Presidente enviaronse cartas en nome da Administración invitando aos altos cargos e simpatizantes a festa de celebración. Nestas eleccións non era o partido do Presidente o que se presentaba, se non a propia Administración contra os partidos da oposición.

Menos mal que en Galiza temos unha verdadeira democracia, con transparencia, debates cos candidatos, información veraz, secreto de voto sen coaccións, alternancia, ... Menos mal que foi noutro País.

Os tempos son chegados ...

6.16.2005

O Presidente Rosmon # Faltan 2 días



Como ben pregunta Quin nos mitines "Queremos un presidente rosmon, caduco, ...?" a campaña elitoral destapaou para os que non o tiverán xa claro o talante de Fraga.

Fraga monta en coléra cando o responsable do seu gabinete de comunicación lle indica que ten que colocarse a chaqueta, ... Descarga o video

"Fraga -…¡Quiere usted hacer el puñetero favor de largarse de aquí!
Cabaleiro -Señor presidente, es que tengo que hacer las cosas que…
-¡No va a usted a hacer nada ya! ¡Lárguese!
-La chaqueta la tiene mal…
-O se larga usted ahora mismo…
-Pues haga lo que le dé la gana.
-Eso voy a hacer.
-Tiene la chaqueta mal puesta.
-¡Tóqueme usted las narices! ¡Y lárguese! "

Leo hoxe en Vieiros: O PP congratúlase da difusión da bronca do candidato Que sinxelo é abroncar a un subalterno, a explicación de que nestes insultos demostra a súa enerxía despois dos 8 anos que pasou calado co goberno de Aznar é un insulto para todos e todas os galegos e galegas.

6.15.2005

Mitin en San Pedro # Faltan 4 días



Hoxe tivemos mitin do BNG no noso barrio de San Pedro, para os que non coñezan Compostela Concheiros é unha das principais rúas de San Pedro.

Suso Veiga ao remate da súa intervencción explicou por que destavai Fraga á oposición, comentou 3 circustancias que non concurriran no 2001:

1. No 2001 o PSOE non queria gobernar, a mesma noite eleitoral celebrarón con champagne casi ter alcanzado ao BNG, a pesar de que tiveron 17 deputados e 41 o PP. Agora isto mudou radicalmente.

2. A xente fartouse do PP, como moi ben di Quin "estamos aburridos do PP". As mobilizacións primeiro contra a LOU, logo o Prestige e a Guerra, ... mudaron os animos e a conciencia de moitos galegos e galegas. Co Prestige caeu o mito de Fraga que tiña parte da poboación galega e nunca foi capaz de recuperase.

3. Poucos meses antes acababa de ser o atentado do 11-S e na campaña as eleccións Galegas o PP utilizouno permanentemente contra o BNG, chamaronos talibáns reiteradamente e nese momento a poboación estaba nun certo estado de shock, non só pola magnitude do atentado se non pola forte presión mediática que existía.

4. Baltar engadiu unha cuarta razón: "Don Manuel, se nos han muerto 100.000 votos"

6.13.2005

Hai que paralos # Faltan 6 días



Onte nun foro non oficial do PP de Galicia, apareceu a seguinte mensaxe (aínda sigue visible no enlace orixinal), por certo tampouco é moito mellor o que aparece no foro oficial do PP:

"Hola me he enterado que el 19-J habrá doscientas cámaras gravando colegios electorales, sobre todo en el interior de las provincias de Lugo y de Ourense.

A nosotros ya nos dieron órdenes de que tengamos mucho cuidado y creo que vamos a intentar dejar a las personas que llevaremos a votar a más de doscientos metros del colegio electoral (en ese caso no es delito) y que usemos varios coches para disimular.

El taxista del pueblo se turnará con el del pueblo vecino para llevar a la gente, hay que dejarse la piel, pero con mucho cuidado porque igual alguno acaba en Comisaría."

A resposta dun par de militantes do PP de Ourense tampouco teñen desperdicio:


"Entendemos tu preocupación y la compartimos. A pesar de todo, el PP ganará las elecciones, sobre todo porque las encuestas no reflejan los datos de la emigración, en la cual ya tenemos consolidado el voto desde hace tiempo. Además, aprovecho para recordarte que llevar a tus abuelos , tíos o familiares a ejercer su legítimo derecho al sufragio no es delito SINO UNA OBRA DE CARIDAD. Que pretendes, pues, dejar que vayan a votar ANDANDO?

Porque haya sinvergüenzas que digan que llevar a min paisanos a votar soy un delincuente, no voya dejar de hacerlo, es más ESTE AÑO ES QUE VOY A MOJARME MAS. Hay que dejarlo todo por el partido. Nos jugamos demasiado y no podemos perder estas elecciones."

"Yo también me dejaré la piel, y no me importa si me detienen porque creo que Don José Luis me sacará de Comisaría, a nadie le pueden hacer nada por llevar a votar a unos vecinos o familiares... de momento no es un delito.

No podemos permitir que nos ganen estas elecciones, y si no hay votos... se robarán "

O Domingo o que non este nunha mesa de interventor que colla a súa camara e vaia na busqueda do "carretador". Hai que paralos !!! Hai que Botalos !!!

6.10.2005

Non debia subir tanto !!! # Faltan 9 días



No barómetro diario que publica La Voz de Galicia cada día, hoxe formulan unha nova lei matematica polo que na gráfica o 25,7 % de votos que hoxe lle otorga ao BNG esta moi por debaixo do 24,6 % do pasado 7 de xuño. Tal vez achegabase demasiado aos porcentaxes que lle otorgan ao PP e PSOE ???

Por outro lado Vieiros pública unhas boas fotos de como o PP utiliza os medios públicos no seu proveito, este caso os de extinción de incendios.

Fragagá: 16 anos de letargo. # Faltan 9 días

esperta.png

16 anos recorrendo Galicia en coche oficial de paparota en paparota, 16 anos de inmovilismo político, 16 anos de sonecas no parlamento, ... 16 anos perdidos!!

fragaga.org presenta o doocumental definitivo que resume os mellores momentos da frenética actividade de Fraga como presidente da Xunta:
Esperta Galicia! (Flash, 536K)

Hoxe coas prisas da campaña non dín publicado nada, así que tomo prestado de fragaga.org un dos mellores montaxes da campaña, escoitar ata o final.

6.08.2005

Batuque Galego # Faltan 11 días



Hoxe a tarde fixemos un reparto de propaganda "moito orixinal", fumos sonando dende a Praza Roxa ata a Praza de Praterias acompañados do Tropico de Grelos, Batucada Brasileira ou como prefiren eles Batuque Galego, tiverón un espectacular exito nas distintas prazas nas que paramos.

O venres repetimos comezando as 18:30 na Praza Roxa e rematando no Auditorio sobre as 20:00 para chegar a tempo do mitín comarcal do BNG. A cousa debe estar cambiando en
galego por que rifabanse a propaganda do BNG e as pegatas de Quin Presidente.

6.06.2005

Fraga cae na rede. # Faltan 13 días



Fraga cae na rede. Ducias de blogs e páxinas web contan os "milagres de Fraga", poñen de manifesto a súa incompetencia, ou advirten do seu pasado franquista.

Parabéns a todos e todas os que dende a rede axudades a Botalos !!! Destavai, de paso, malo de aturar, arroutada noticias, cousas de imeneo, xou
bas, contra discurso, galego de seu, todo nada, deposito, Fraga naufraga, paleon.net, dinis, o reverso, a regueifa, concheiros.net, Carmen Adán, e tantos outros que tecen na rede a rede para sacar a Fraga do goberno de Galiza.

Animadevós a engancharnos nas ligazóns correspondentes e enviar outros blogs semellantes. Podemos enredar aínda
máis a rede para que non teñan xeito de escapar.

6.05.2005

Ponlles freo aos roedores # Faltan 14 días



Hoxe facendo un reparto de propaganda do BNG na saída de misa da Parroquía de Marantes, coindimos cunha veciña que repartia esta curiosa propaganda do Concello de Santiago de Compostela. En campaña eleitoral as comparacións son odiosas, cito textualmente parte do folleto, cada quen que faga as súas sustitucións.

"Ponlles freo aos ROEDORES.

Os roedores son un problema colectivo, e coa túa colaboración evitaremos que un pequeno acontecemento se converta nunha praga que nos termine afectando a todos.

Se detecta a presenza de roedores na vía pública ou nas inmediacións das vivendas, chama ao teléfono: 981 941 485.

É un servizo gratuíto do Concello de Santiago Concellería de Sanidade. Grazas pola túa colaboración."

6.04.2005

Os últimos 15 días de Fraga no goberno # Faltan 15 días



Marca os últimos días de Fraga no calendario de Xuño. Xa vai !!!

Si manteñes un blog podes atopar e utilizar os calendarios xa elaborados ata o videiro día 19 de xuño en http://photos1.blogger.com/img/228/3429/320/xunho??.jpg ou en http://www.haiquebotalos.blogspot.com/