5.29.2007

27 de Maio, agora nos concellos

man monforte
Facendo unha breve reflexión sobre os resultados eleitorais do pasado domingo parece a primeira vista que non cambio nada en Galiza, en votos poderiamos case afirmar esta idea, pero máis ala dos números globais temos que mirar concello a concello.

O Partido Popular recupera parte do voto perdido nas cidades fai 4 ou 8 anos pero con nulo resultado no que se refiere a gobernos. Naquela ocasión as cidades perderon o medo ao cambio, especialmente no referido ao BNG tantos anos "estigmatizado" con múltiples acusacións de violencia, de ser os do NON, ou de escasa competencia, ... agora foron as restantes vilas e pobos de Galiza os que se atreveron a votar ao BNG, no que pode ser o cambio máis fundamental nestas eleccións.

A presenza do BNG nos fúturos gobernos de moitas vilas e pobos de Galiza, cunha distribución moi heteroxenea por exemplo coas maiorías absolutas de Monforte ou Vilasantar, ou os espectaculares resultados en Ribadeo ou Teo pon fin aos teitos que tiñamos historicamente deixando o exito ou fracaso dos resultados en función da capacidade de presentar unha persoa e proposta acertada e ilusionante en cada un dos concellos, pasamos a convertirnos nunha forza política máis en todo o Pais que depende sobre todo dela mesma. A presenza do BNG do actual goberno autonómico eliminou polos feitos todas as sospeitas que aínda quedaban en parte da poboación sobre a seriedade, racionalidade e capacidade do BNG nuns feitos que non teñen xa volta atrás.

Os resultados do domingo e os case dous anos de goberno consolidan os maiores temores do PSdG e do PP, agora somos tres a competir en todo o territorio e en todas e todos os posibles votantes, xa non existen bolsas de votos exclusivas para algunhas forzas políticas e todas podemos optar ao 100% dos mesmos (!!! Perdoar esquencianme da emigración !!! ).

6.29.2005

Festas do Barrio de San Pedro 2005



PROGRAMA e WEB: http://www.festasbarriosanpedro.info/

Venres 1

20.00 h: Gaiteiros de Brincadeira e cabezudos.
21.00 h: Pregón a cargo de Paula Carballeira na Praza do Cruceiro de San Pedro.
21.30 h: Foliada na Porta do Camiño. Presenta Pepa Yáñez. Pandereteiras de Brincadeira. Fiandola. Serra-lhe aí!
24.00 h: Noite do lastro na Porta do Camiño con: LAMATUMBÁ e NON RESIDENTZ

Sábado 2
11.00 h: Pasarrúas: Xilbarbeira e cabezudos.
12.00 h: Teatro infantil no Parque da Trisca: "Recuento cuentos" (Cuba).
13.30 h: Sesión vermú no Cruveiro de San Pedro: Orquestra Costa Dourada.
18.30 h: Teatro: Mariclown na Praciña de San Pedro.
20.00 h: Encontro de corais. Igrexa de Bonaval: Coral A Xuntanza. Coral Virxe da Guadalupe. Coral Coto da Nai.
22.30 h: Verbena: Orquestra Costa Dourada.

Domingo 3
11.00 h: Pasarrúas: Quarteto da Gentalha e cabezudos.
11.00 h: Feira de artesanía na Rúa de San Pedro.
12.00 h: Banda Municipal de Música no Parque da Trisca.
13.00 h: Grupo de baile A Xuntanza.
13.30 h: ROMARÍA POPULAR, con polbeira e churrascada. Murga Os Estalotes. Xilbarbeira. Quarteto da Gentalha. Luís Caruncho e Pinto de Herbón (Haberá carpa e inchábeis para as cativas e cativos).

6.28.2005

Agora si que foi: www.destafoi.com




Agora si que foi, centos de persoas concentranse na praza de quintana para celebrar a vitoria eleitoral, mentrás a TVG cambiaba a pelicula programada do "Prezo do Poder" por "Escribiuse un crime" Vieiros nos informou puntualmente do desenvolvemento da derradeira xornada eleitoral.

Fraga non podia marcharse tiñamoslo que botar e BOTAMO-LOS.

6.24.2005

Fin de Semana movido



En Compostela temos unha fin de semana movida, cada un dos 3 encontros programados representa unha parte da sociedade que queremos e estamos construíndo:

-> O sábado 25 os colectivos Gay de Compostela e Mulleres Lésbicas e Bisexuais de Galiza celebrán o día do orgullo gay cunha manifestación ás 20:00 no Toural. O lema escollido é: "Somos os teus veciños, somos as túas veciñas."

-> O domingo 26 seguindo a Chamada Mundial á Acción contra a Pobreza e co lema Pobreza Cero , a Coordenadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento convoca unha concentración na Praza do Toural a partir das once da mañá. A leitura do manifesto terá lugar ao mediodía por parte da actriz Mónica Díaz, membro de Burla Negra.

-> Tamén o domingo 26 ás 13:00 unha cadea humana en Compostela unira as estatuas de Castelao e Pablo Iglesias, co lema "Gañamos Nós". Un acto cívico no que a cidadanía se autoconvoca por internet para festexar o cambio que saiu das urnas o 19X, pase o que pase na quinta provincia.
Hai que decirlles por si no o saben que gañamos nós.



6.23.2005

Proposición de Lei do BNG sobre o voto CERA



O pasado 23 de abril de 2004 o BNG presentou unha Proposición de Lei referida á reforma paracial da Lei Eleitoral (LOREG). Votaron en contra por diferentes motivos o PP e o PSOE. Non vale agora decir que todos os partidos tivemos a mesma actitude frente as garantías do voto emigrante. (anteriormente no 2000 e 2001 o BNG presentou iniciativas equivalentes)

< PDF Proposición de Lei - PDF debate proposición - Grazas a Co>

Na exposición de motivos deciamos:


"El Régimen Electoral General (LOREG) contempla el voto por correo como una modalidad excepcional para facilitar la participación de los electores que no pueden personarse en las mesas electorales. En cambio, esa modalidad fue elegida como única vía para que los electores residentes ausentes puedan ejercer el derecho al voto. La presente proposición de ley pretende equiparar el procedimiento de votación de los residentes en el exterior, con el establecimiento de la votación directa en mesas instaladas en embajadas, consulados y demás centros y locales públicos españoles en el extranjero como el procedimiento normal también para los residentes en el exterior y la consideración del voto por correo como procedimiento excepcional y de carácter rogado."

Na resposta do PP podemos ler:


"Asimismo, rechazamos de plano algo que se afirma en la exposición de motivos de esta proposición, y que hoy ha vuelto a ser repetido desde la tribuna, acerca de que en cada proceso electoral se detectan irregularidades en los envíos electorales.

Debo señalar que todas las denuncias que se han producido sobre esta cuestión han sido rechazadas y cuando ese rechazo viene dado en vía judicial la conclusión solo puede ser la carencia de fundamento de las mismas. Yo soy de los que piensan que ni el nerviosismo preelectoral ni tan siquiera el legítimo debate parlamentario dan derecho a decir cualquier cosa. Por eso, tener que escuchar algunas de las cosas que se han dicho en la tarde de hoy por alguno de los intervinientes solo me produce un profundo rechazo.

Ya estábamos acostumbrados a oír a algunos en la pasada legislatura, personas que ya no están en la Cámara, hablar de irregularidades, de manipulaciones del censo, de manipulaciones de los sobres de votación, de la vulneración del carácter libre, secreto y personal del voto, que son acusaciones todas ellas muy graves y que siempre se han realizado sin ninguna prueba, sin tener un solo dato y sin tener la mínima evidencia de ellas. Por cierto, señor Rodríguez, todas las mayorías del Partido Popular en Galicia han sido obtenidas por mayoría absoluta holgada, sin esperar tan siquiera al resultado del escrutinio general ni del escrutinio del voto de los residentes ausentes. "

Había que botalos !!! e BOTAMO-LOS.

6.20.2005

Rematamos cos 69 anos do Reximen # NON falta ningún día


Valeirando de monicreques a Xunta

Desta foi, non si difultades e incertidumes ata o último momento, pero desta rematamos cos 69 anos do reximen e 16 anos de goberno Fraga. Con escaso marxen e non faltarón as dúbidas na noite eleitoral, pero así é como se realizan as grandes tarefas, para que sepamos apreciar as dficultades da empresa, para que tomemos conciencia da transcendencia do momento, para que apreciemos cada esforzo realizado en botalos, cada liña dun blog, cada cm. de película, cada SMS, cada mitin, cada cartaz, cada folleto, cada liña do programa, cada chamada ou conversa con un veciño, ...

69 anos estando alí, fixeronos crer que sempre estarian alí, como a Catedral de Santiago ou os montes do Courel, no momento de botalos aínda tivemos que superar o shock do perenne. Pero os vindeiros días os veremos empaquetar as súas cosas, dexaloxar a Residencia de Mote Pio, baixarse dos coches oficiais, ... e veremos abrir as fiestras de Administración e do País, veremos entrar un aire fresco en Galiza, e teremos a posibilidade de construír un País Novo.

Había que botalos !!! e BOTAMO-LOS.

Nota: Unhas breves contas sobre o último de Pontevedra.

Co 100% do voto o PP ten 223.588 votos e 10 diputados, o PSOE ten 168.549 votos e 8 diputados, algunos escenarios tendo o voto CERA serian:

o PP con 8162 e o PSOE con 0 votos (223.588+8.162)/11=(168.549+0)/8 (EMPATE)

o PP con 13292 e o PSOE con 4559 votos (223.588+13.292)/11 < (168.549+4.559)/8 (Voto CERA Pontevedra 2001 no que ganaria o diputado o PSOE) o PSOE con 6.000 votos implica que o PP necesita 16.417 votos no CERA, máis de 10.417 votos por riba do PSOE. (223.588+16417)/11 > (168.549+6.000)/8

É moi, moi, díficil que poidera darse algún escenario favorable ao PP cos votos estimados do CERA por Pontevedra.

En función do voto do PSOE podes calcular o voto mínimo necesario para que cambie o deputado:

(((168.549 + votoPSOECERA) / 8)*11)-223.588 = votoPPCERA

Unha aperta e DESTAFOI. Antonio.

http://www.concheiros.blogspot.com/

6.17.2005

¿Qué din os rumorosos ... # Falta 1 día


Imaxen de Aduaneiros sen Fronteiras

Din os rumorosos ... que nun País onde gobernaba o mesmo Presidente durante moitos, moitos anos, máis dos que os seus cidadáns terián que ter soportado, nas vésperas dunhas eleccións pasaron cousas estranas:

- Os servizos informáticos enviarón escritos aos altos cargos da Administración, recordandolles que existía un servizo gratuíto de limpeza de arquivos vellos nos ordenadores, sustitución de discos duros, ... e outras tarefas rutinarias de mantemento informático.

- Nas datas previas ás eleccións incrementouso significativamente a venda de destructoras de papel. A pesar do calor existente, nos comercios eran estas e non os aparellos de aire acondicionado os electrodomésticos esgotados.

- Os responsables dunha das empresas de informática que traballaban para a Administración xuntaron aos empregados, maioritariamente traballadores en precario, e explicaronlles que: "si gañan os de sempre imos a ter contratos por 4 novos anos, pero si gañan os outros ufff !!!!" Seguirón dicindo: "por suposto cada quen que vote o que considere, pero a nosa obriga era avisarvos para que poiderades actuar en consecuencia o día da votación, e logo non o lamentedes"

- Din tamén que dende o despacho oficial máis próximo ao Presidente enviaronse cartas en nome da Administración invitando aos altos cargos e simpatizantes a festa de celebración. Nestas eleccións non era o partido do Presidente o que se presentaba, se non a propia Administración contra os partidos da oposición.

Menos mal que en Galiza temos unha verdadeira democracia, con transparencia, debates cos candidatos, información veraz, secreto de voto sen coaccións, alternancia, ... Menos mal que foi noutro País.

Os tempos son chegados ...